Baixo o lema, “Abrindo portas á mocidade galega. Por unha Galiza nova”, a Mocidade Socialista Galega, presenta a súa campaña de verán 2009, que pretende achegar o proxecto do nacionalismo xuvenil ao conxunto de mozos e mozas do país e convidalos a participar activamente cun compromiso militante por Galiza.
Para este cometido, a MSG percorrerá varios festivais, entre os que destacan o Festigal ou Pardiñas, cun posto con información, material e sobre todo vocacionado a que a mocidade galega sexa doutra volta o motor de empuxe e crecemento do nacionalismo galego. Como material á venda estará o primeiro número de Alborada, voceiro da asociación. Entre os seus colaboradores destacan Ana Miranda, Luis Álvarez Pousa, Charo Fernández Velho ou membros de Iratzarri, mocidades de Aralar. A revista tamén conta cunha entrevista á coordinadora Executiva do BNG, Teresa Táboas.
Descárgao aquí.



Botando man dun termo como é o de republicanismo, en sentido clásico, desprendemos unha serie de conceptos como o de fraternidade, o de democracia participativa, o de igualdade, o de liberdade ou o de cidadanía. Deixando de lado a teoría política, todos burbullarán dun xeito ou doutro o domingo na Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG.






