Mocidade Socialista Galega

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

quen somos

Print PDF

MSG é unha organización política de mocidade, cunha visión do nacionalismo eminentemente de esquerdas e cun carácter socialista e republicano e en consecuencia democrático.

A nosa existencia pretende un duplo obxectivo: por unha banda sermos un espazo aberto para a mocidade galega e pola outra apurar e mellorar as propostas ideolóxicas e as dinámicas de traballo de Galiza Nova.

Acreditamos nas mocidades do BNG como mellor ferramenta de autoorganización da mocidade galega e entendemos á fronte no seu conxunto como a ferramenta política para a construción nacional e o benestar social do noso país.

Galiza Nova precisa urxentemente de novos mecanismos, novas maneiras, novos métodos e novas formas de facer política xuvenil. É a nosa tarefa implementalos e sumar a toda a xente que estea disposta a aportar o seu esforzo nesta tarefa, tendo á fraternidade como un dos principais vectores de actuación. Entendemos, tamén, que a imaxinación e a permeabilidade deben ser piares vertebrais nas novas formas de facer política xuvenil. A asunción do pluralismo e o recoñecemento orgánico do mesmo, xunto coa versatilidade para os acordos son presupostos básicos para a acción política actual.

Last Updated on Wednesday, 15 April 2009 00:09  


Redes Sociais