Mocidade Socialista Galega

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

E ti estudante, porque pasas da política?

Print PDF

A Mocidade Socialista Galega, organización da mocidade nacionalista integrada en Galiza Nova, quere convidarvos a participar neste grupo de discusión "E ti, estudante, por que pasas da política?", dentro da súa serie de actos arredor da participación socio-política da mocidade.

A politización da sociedade en xeral, e da mocidade galega en particular, é extremadamente baixa. Non é unha nova recente que grande parte da mocidade opta pola abstención nos procesos electorais, nin é nova a tendencia a asumir os valores dominantes. Segundo o estudo elaborado polo Observatorio Galego da Xuventude dependente da Dirección Xeral de Xuventude ostentada polo noso compañeiro Ruben Cela, o 65'19% da xente nova manifesta ter pouco ou ningún interese pola política, apenas un 13,19% manifesta o seu interese por colaborar cun partido político e menos dun 9% colabora ou colaborou con eles.


 

Non podemos achacar unicamente ese desinterese ás longas xornadas lectivas e laborais, sen dúbida parte da explicación, pero a outra parte, indefectibelmente, é a incapacidade das organizacións políticas e de estudantes de ilusionar e incitar á acción política. A nación galega e a súa viabilidade futura precisan de que o nacionalismo xuvenil lidere e hexemonice o discurso político xuvenil, para que o ámbito universitario sexa, doutra volta, viveiro de votos e de cadros para o BNG.

 

Da LOU a Boloña

A participación da mocidade está afectada por un declive do capital social que se constata nos diferentes estados, marcados pola desafección e apatía. En Galiza, cun asociacionismo se cadra aínda máis feble, os últimos anos do goberno Fraga foron dunha considerábel axitación social: asembleas populares en contra da LOU, Nunca Máis, Non á guerra. Mais logo disto chegou un período de relaxación do que aínda se está a recuperar o movemento estudantil. Os datos falan por si sós. Na Universidade, nin tan sequera se chega ao 1 % de participación de xeito permanente en asociacións estudantís.

 

 

O proceso de Boloña podería ter sido unha boa oportunidade para o tensionamento do estudantado. En 2006 comezaron a burbullar a nivel europeo as mobilizacións en contra do que os teóricos chaman paso da universidade de masas á universidade-empresa. A dimensión variou dependendo de moitísimos factores: artellamento previo do movemento estudantil, coñecemento ou goberno de quenda. En outono de 2005 tiveron lugar en Italia numerosas manifestacións; uns meses despois en Dinamarca; máis tarde en Francia contra o CPE (Contrato de Primeiro Emprego), que enfiaron coas protestas contra a Lei Pécresse de Autonomía das universidades. Grecia, en maio de 2006, tamén foi un foco activo de loita estudantil. No Estado español, as mobilizacións foron constantes. Por que en Galiza non prendeu o sentimento anti-Boloña?

 

 

TÍTULO DO DEBATE: PARTICIPACIÓN SOCIOPOLÍTICA DA MOCIDADE. O CASO ESTUDANTIL. A RESPOSTA DO NACIONALISMO GALEGO.


Participan no grupo de discusión



Xosé Manuel Beiras, Catedrático

Filipe Diez, Profesor de instituto

Carlos Aymerich , Doutor en Dereito Administrativo

Angel Tallón pola MSG, Estudante de Maxisterio

Antom Fente polo EI , Estudante de Filoloxia

Antia Fdez. Mirás por Isca!, Estudante de Dereito

Pablo Belay pola MSG, Estudante de Informática



É polo propia configuración do sistema universitario? Polas organizacións estudantís que operan nel?Como analizar a realidade estudantil? Son as organizacións estundantis próximas a esa realidade?Existen máis opcións dende a perspectiva nacionalista e de esquerdas para a autoorganización do estudantado?Que modelo sería o axeitado? Como facer que o movemento estudantil volta ser un viveiro de votos e cadros para o BNG?

 

 

Last Updated on Thursday, 04 February 2010 12:34  


Redes Sociais