Mocidade Socialista Galega

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

VAI ALBOREAR. Artigo do noso Secretario Xeral en Xornal de Galicia

Print PDF

Botando man dun termo como é o de republicanismo, en sentido clásico, desprendemos unha serie de conceptos como o de fraternidade, o de democracia participativa, o de igualdade, o de liberdade ou o de cidadanía. Deixando de lado a teoría política, todos burbullarán dun xeito ou doutro o domingo na Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG.

Mais, quizais, o de cidadanía en sentido puro, cunha serie de dereitos e deberes, é o que responsablemente debemos saber levar á práctica. A militancia do BNG, e nós, a mocidade galega incardinada neste proxecto político, debemos actuar como verdadeiros cidadáns e cidadás da nosa nación, e decidir que modelo de BNG desexamos.
 
Existen moitos mozos e mozas que acreditamos no que Máis BNG representa, que non é outra cousa que o nacionalismo do futuro inzado de ilusión onde a militancia teña responsabilidades e sexa o seu auténtico dinamizador político e social. Sermos hexemónicos na sociedade dende a nosa postura de nacionalismo de esquerda e recuperar a ilusión dos máis novos non precisa de períodos transitorios ou de ensimesmamento, se non de oposición firme ao Partido Popular e as súas políticas belixerantes con nós: no eido educativo, no ámbito da vivenda ou no emprego.
Non é tempo de agocharse, se non de actuar, e isto é o que ofrece Máis BNG: unha ferramenta para ese nacionalismo plural, aberto e combativo, co obxectivo de facer partícipe á mocidade galega das arelas dunha Galiza máis libre, máis próspera e máis xusta. Para este cometido cómpre o apoio dos 2.500 delegados, homes e mulleres, mozos e mozas, á Carlos Aymerich e á candidatura de Máis BNG.
 
Podes acceder, dendeeste enlaceá canle de Youtube de +BNG: http://www.youtube.com/militantespolocambio

 

Last Updated on Thursday, 04 February 2010 12:46  


Redes Sociais