Mocidade Socialista Galega

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

A diferenza salarial entre as mulleres e os homes na Galiza.

Print PDF
Article Index
A diferenza salarial entre as mulleres e os homes na Galiza.
AGAL - A diferença salarial entre as mulheres e os homes na Galiza.
All Pages

Elas cobran 5 000 € menos ao ano.

As mulleres cobran de media arredor de 5 000 € menos ao ano segundo os datos aportados polo Instituto Galego de Estatística referidos ao 2008.

É dicir, as mulleres cobran darredor dun 25% menos que a media salarial dos homes. Valor que queda moi por riba do que se dá no resto da Unión Europea, que cae ata o 17%.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, son as pontevedresas as que maior diferenza teñen cos homes,  cobran ata 5.200 € máis cada ano (un 27,29% menos que os varóns). Despois van as coruñesas, cunha brecha salarial do 26,36% e case nunha mesma diferenza salarial do 20% as mulleres de Lugo e Ourense.

As entidades financeiras e aseguradoras son as que máis recortan o salario das mulleres, que cobran neste sector un 43,3% menos. E é na construcción (8,5% menos) e no sector dos transportes e das comunicacións (18,1% menos), onde a brecha salarial por sexo é menor.

Por idades, as rapazas aínda o teñen máis difícil, pois as galegas de entre 18 e 25 anos cobran arredor dun 30% menos que os homes. Ademais, un 33% das traballadoras galegas obteñen un soldo igual ou inferior ao salario mínimo interprofesional, fronte a un 18% nos homes.

A fenda salarial por sexo débese principalmente:

Á discriminación directa: menos soldo polo mesmo traballo;

  • Á "desvalorización" do traballo da muller: págaselles menos por traballos do mesmo valor;
  • Á segmentación do mercado laboral: sectores feminizados e masculinizados; e
  • Á tradición, aos estereotipos e ao "déficit de corresponsabilidade masculina", segundo o cal as cargas familiares e de coidados de maiores e crianzas seguen recaendo nas mulleres.

ARTIGOS DIXITAIS DE XORNAL.COM




Last Updated on Friday, 19 March 2010 21:58  


Redes Sociais