É preciso vivir na estratosfera para non decatarse de que hoxe, domingo, é a final da Copa do Mundo de Fútbol en Sudáfrica. Con pouca verticalidade no desprazamento do imprevisible Jabulani, e cunha estratexia de contención nos centros do campo, certo é que este Mundial non será lembrado polo seu xogo bonito. Alén do fracaso absoluto e sen paliativos da lusofonía (Brasil e Portugal) e as tamén decepcións de Arxentina, Italia e Inglaterra, o máis salientable será a final inédita entre as seleccións holandesa e española. Aquí, en Galiza, a expectación creada arredor desa construción mediática (La Roja) non é cativa nin anecdótica: bandeiras penduradas dos balcóns, berros de “Yo soy español, español”, “Viva España”, “Cataluña es España” cun longo etcétera e con maior capacidade inventiva de cánticos a medida que avanza a noite e o estado etílico dos seareiros medra exponencialmente.
Dende unha observación estritamente científica, como aquela que establecía Durkheim, na que estipulaba que para analizar a realidade é preciso alonxarse dela, isto é, dende unha visión de paxaro, se se quere mesmo cenital, non podemos concluír outras cousa que o deporte, e máis concretamente a selección española e todo o que a rodea, son a día de hoxe unha ferramenta con vocación intencional, con maior ou menor concreción, pero cunha carga política innegable. Non fai falla máis que mirar aos cativos e cativas, interiorizando e reproducindo uns símbolos e unhas mensaxes que non son precisamente neutras.
Read more...
|
Días 6, 7 e 8 de maio. Facultade de Ciencias da Comunicación
Formulario de inscripción. Programa das xornadas INFORMACIÓN ACADÉMICA
Coa participación no curso terás: - 1 CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN
- DIPLOMA DE ASISTENCIA (recoñecemento válido para oposicións)
- A asistencia calibrarase con dous controis ao día (aleatorios).
- Asistencia= 85% das xornadas.
Read more...
Artigo do afiliado a MSG Xerardo Díaz do Concello de Silleda O pasado 27 de marzo a presidenta de Novas Xeracións de Silleda aparecía nos medios para dar a coñecer, nada máis nin nada menos que, a súa falta de postura sobre a dimisión do edil do PP, Manuel Mato. Alegaba Ana Belén Seco que eles "son unha organización xuvenil e non queren entrar a facer política de maiores". Resulta canto menos sorprendente esta posición de eludir o debate público -unha vez máis- tal vez sabedores de que carecen de razón. Nada novidoso se lembramos o mutismo que esta organización mantivo arredor da vergoñenta moción de censura. Acaso non somos os mozos parte integrante e fundamental deste Concello? Acaso non nos afectan as decisións que tome a alcaldía? A resposta é obvia, malia que as Novas Xeracións do PP parezan descoñecela.
Read more...
Esta semana tivo lugar o Debate sobre o Estado da Nación no parlamento.
Read more...
Elas cobran 5 000 € menos ao ano.
As mulleres cobran de media arredor de 5 000 € menos ao ano segundo os datos aportados polo Instituto Galego de Estatística referidos ao 2008. É dicir, as mulleres cobran darredor dun 25% menos que a media salarial dos homes. Valor que queda moi por riba do que se dá no resto da Unión Europea, que cae ata o 17%.
Read more...
As Tendencias Mundiais do Emprego da OIT (2003) indican que as mulleres seguen tendo os menores índices de participación no mercado laboral, maiores taxas de desemprego e grandes diferencias salariais en comparación cos homes. Todo isto nunha época na que as mulleres están tan capacitadas e formadas coma os homes para levar a cabo calquera tarefa física ou intelectual.
Botándolles unha ollada ás estatísticas sobre a participación, o informe do ano 2006 da Comisión sobre a Igualdade entre Mulleres e Homes adianta que, dentro das empresas, as mulleres ocupan só un 32% dos postos directivos e que só un 10% das persoas integrantes dos consellos de administración e un 3% dos cargos de presidencia das empresas máis importantes son mulleres.
Read more...
 A Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, reunida en Copenhague, proclamou o Día Internacional da Muller Traballadora, a proposta da dirixente comunista alemana Clara Zetkin, como unha xornada de loita polos dereitos das mulleres. A proposta foi aprobada unanimemente pola conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas as tres primeiras mulleres escollidas para o parlamento finlandés. Ano 1911. Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhague o ano anterior, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez (o 19 de marzo) en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins aos que asistiron máis dun millón de persoas, que esixiron para as mulleres o dereito de voto e o de ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.
Read more...
A Mocidade Socialista Galega, organización da mocidade nacionalista integrada en Galiza Nova, quere convidarvos a participar neste grupo de discusión "E ti, estudante, por que pasas da política?", dentro da súa serie de actos arredor da participación socio-política da mocidade.
A politización da sociedade en xeral, e da mocidade galega en particular, é extremadamente baixa. Non é unha nova recente que grande parte da mocidade opta pola abstención nos procesos electorais, nin é nova a tendencia a asumir os valores dominantes. Segundo o estudo elaborado polo Observatorio Galego da Xuventude dependente da Dirección Xeral de Xuventude ostentada polo noso compañeiro Ruben Cela, o 65'19% da xente nova manifesta ter pouco ou ningún interese pola política, apenas un 13,19% manifesta o seu interese por colaborar cun partido político e menos dun 9% colabora ou colaborou con eles.
Read more...
 A politización da mocidade galega e extremadamente baixa. Non é unha nova recente que grande parte da mocidade opta pola abstención nos procesos electorais, nin é nova a tendencia a asumir os valores dominantes.
Read more...
A Mocidade Socialista Galega quere expresar o seu apoio e a súa disposición á colaboración con @s compañeir@s encausad@s por correxir unha ilegalidade toponímica dunha institución pública na cidade da Coruña. A este respecto, consideramos que a desproporción entre o feito xulgado e a petición da Fiscalía denota unha intencionalidade política que cumpre enmarcar na ofensiva contra o galego instigada polo Partido Popular de Feijoo, coa colaboración do PSOE Coruñes.
Read more...
Baixo o lema, “Abrindo portas á mocidade galega. Por unha Galiza nova”, a Mocidade Socialista Galega, presenta a súa campaña de verán 2009, que pretende achegar o proxecto do nacionalismo xuvenil ao conxunto de mozos e mozas do país e convidalos a participar activamente cun compromiso militante por Galiza.
Para este cometido, a MSG percorrerá varios festivais, entre os que destacan o Festigal ou Pardiñas, cun posto con información, material e sobre todo vocacionado a que a mocidade galega sexa doutra volta o motor de empuxe e crecemento do nacionalismo galego. Como material á venda estará o primeiro número de Alborada, voceiro da asociación. Entre os seus colaboradores destacan Ana Miranda, Luis Álvarez Pousa, Charo Fernández Velho ou membros de Iratzarri, mocidades de Aralar. A revista tamén conta cunha entrevista á coordinadora Executiva do BNG, Teresa Táboas. Descárgao aquí.
|
|
|
|
|
|
Page 1 of 2 |